dimecres, 18 de gener del 2012

FRAGA, A TERRA NON QUERE AOS FÉRIDOS E DUROS

Onte as gaitas soaron no enterro de Fraga, as gaitas folclóricas, rexionais, as do monte das empanadas e o polbo pagadas cos votos dos iñorantes. Un himno de Galiza mudo, so notas que ceibes no vento non choraban polo franquista morto senón polos fillos de Breogán, o pobo galego mártir, os que apareceron esnaquizados polos camiños, os que fuxiron, os que perderon a liberdade, a saúde, a familia, os bens,  a vida, os bos e xenerosos. Os imbéciles e escuros van morrendo na cama da impunidade, eles non escoitan, nin entenden a nosa voz, eles queren agochar a nosa memoria porque é a historia dos seus crimes dos que séntense orgullosos pero polos que non queren pagar. Asasinos e covardes.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os pinos,  himno de Galiza prohibido durante o franquismo.


 NON DEIXAREMOS DE ERGUER OS PUÑOS!

Els bons i generosos
nostra veu entenen,
i en èxtasi atenen
el nostre ronc so,
però només els ignorants,
els ferotges i durs,
imbècils i foscos
no ens entenen, no.  

Los buenos y generosos                                
nuestra voz entienden,
y con arrobo atienden
nuestro ronco sonido,
pero sólo los ignorantes,
los fieros y duros,
imbéciles y oscuros
no nos entienden, no.