Des de la península do Morrazo, Galiza-
A finais da década dos sesenta, o gran poeta e novelista Charles Bukowski escribeu un artigo na sua columna Escritos dun vello indecente para a revista contracultural Open City, no que aludía aos dous principais candidatos que concurrían as eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 1968: Richard Nixon, aspirante polo Partido Republicano, e Hubert H. Humphrey, o candidato do Partido Demócrata. Entre outras moitas cousas, o vello Bukowski decía: “Que che den a oportunidade de elexir entre Nixon e Humphrey é como que che dean a oportunidade de elexir entre comer merda quente e merda fría.
Se cambiamos o escenario americano dos últimos anos da década dos sesenta poa España dos nosos días, e os nomes de Richard Nixon e Hurbert H. Humphrey polos de José Luis Rodríguez Zapatero e Mariano Rajoy, ou o que é o mesmo, o proxecto político do Partido Socialista e o do Partido Popular, resulta que temos o mesmo menú que anunciaba Bukowski para aqueles Estados Unidos de 1968: plato único. Só varía a temperatura: un servirase quente; e o outro frío. O problema é, ademais, que non sabemos moi ben quén é o quente e quén o frío.
Porque, a día de hoxe, ¿quén é capaz de establecer diferencias reais entre os proxectos económicos, políticos e sociais de ambos partidos? A sociedade española está vivindo, durante estas últimas semáns, nun estado de confusión que bordea a paranoia. O partido no goberno, o PSOE, de corte socialdemócrata, está levando a cabo as políticas máis reaccionarias e antisociais de todo o continente europeo. A saber: conxelación das pagas dos xubilados, fortes recortes nos salarios dos empregados públicos, reducción drástica das axudas para os países subdesembolvidos, anulación do cheque-bebé, recortes nas axudas a aplicación da Lei de Dependencia e un recorte drástico nas inversións públicas en obras e infraestruturas.
Por outra banda, asistimos durante os últimos anos de mandato socialista a unha serie de medidas surrealistas e, incluso, inxustas. Poñamos un par de exemplos esclarecedores. O famoso cheque-bebé que se suprime a partir do un de xaneiro do próximo ano: durante o tempo que estivo vixente, calquera muller recibeu dous mil cincocentos euros polo nacemento dun bebé, independentemente do seu nivel de renda. É decir, se eres multimillonaria e tes un bebé, o Estado premiate cos mil cincocentos euros. Exactamente o mesmo que se non tes onde cair morta. O mesmo ocurreu cos famosos ordenadores para os nenos de quinto e sexto de primaria e con outras moitas cousas. Tratase da política do “café para todos”, ou mellor dito, de derroche xeralizado, ao que son tan aficionados os socialistas, que nos levaron ao punto no que nos atopamos agora.
¿E qué pasa co principal partido da oposición? A pesar de que o pasado 27 de maio votaron en contra do decreto do Goberno que atenta contra a mesma base do Estado do Benestar do noso país, todos sabemos que no seu fuero interno alegranse enormemente destas medidas, xa que son as disposicións da dereita, neoliberaies e reaccionarias. Exactamente o mesmo que ocurreu nos anos oitenta con Felipe González e a sua reconversión industrial, coa permanencia de España na OTAN, etc., etc. E é que a dereita española xa está acostumada a que o PSOE lle faga o traballo sucio cando goberna.
Fai uns días o diario británico Financial Times entrevistaba ao ex presidente Aznar, reconvertido agora no cerebro na sombra do sector máis duro da dereita española. Entre as suas principais recetas para atallala crisis económica, a que, por certo, él tanto contribueu coa sua política de apoio ao ladrillo, están: Privatizar os servizos públicos de emprego e reducir as prestacións por desemprego, baixar os impostos, potenciar a enerxía nuclear e suprimir as axudas as enerxías renovables, bancalizar as caixas, recortar as pensións e aumentar a idade de xubilación, privatizar todas as empresas públicas dignas de ser privatizadas e reformar a negociación colectiva.
Como se pode ver, na maioría destas medidas coinciden tanto a socialdemocracia como a dereita pura e dura. Nas nosas mans está darlle un xiro a esta Europa dos mercaderes, do capitalismo salvaxe e caníbal que tratan de impoñernos. Así que xa sabes, cuando che dean a elexir entre a merda quente e a merda fría, non te deixes embaucar: que a coman eles.